Kiko Fernández colócase lider despois da contundente victoria na proba de Lestrove-Padrón.

01-08-2001. L.M.I.
Lestrove-Padrón, acolleu o pasado día 21 de xullo de 2001 a 5ª proba da "Copa TX de Enduro 2001". Nas dúas categorías, a victoria foi para os pilotos padroneses Kiko Fernández (TM) en Senior e Ramón Teodoro (TM) en Junior.

O Sábado 21 de xullo de 2001 celebrouse en A Braña (Lestrove-Padrón), a 5ª proba puntuable para a Copa TX de Enduro 2001.

Unha carreira diferente ás organzadas ata o momento na "Copa TX de Enduro 2001". A pesar de que constaba de catro cronos como as anteriores non existia rallye (precorrido polo monte) entre as diferentes pasadas pola crono o que fixo que esta carreira se situara nunha filosofía máis proxima á do tramo cronometrado que á do enduro.

Nembargantes a proba desenrolouse con normalidade e os pilotos puideron disfrutar dunha carreira emocionante.

En Senior.

A diferencia de puntos entre os primeiros pilotos nesta categoría é moi pequena e zecais se manteña a dúbida ata a última proba da "Copa TX de Enduro 2001" con respecto a que vai ser o gañador final.

De todas formas, Kiko Fernández (TM) obtendo unha apabullante victoria (mellor tempo en tódalas cronos e Scrach) deu aquí en Lestrove un paso decisivo e firme cara a consecución da victoria final na Copa e permítelle separarse un pouco máis de Antonio Bouzas (TM) (segunda posición nesta carreira) que polo momento ainda segue sendo un firme candidato á victoria final á falta de duas probas para que remate a "Copa TX de Enduro 2001".

Na terceira posición rematou un retornado Xosé A. Magariños (TM) que volveu a demostrar a súa capacidade para facer cronos regulares e non cometer erros.

Cabe facer mención neste punto ao estreno por parte de Alexandro Magariños do primeiro modelo da TM 250 4 Tempos que chega a Galicia.

Alexandro tamén e xunto con Roberto Cierto un dos candidatos á victoria final na Copa á falta de apenas dúas probas.

En Junior.

En Junior Ramón Teodoro (TM) volveu a asoballar e non deu opción aos seus compañeiros. O que lle permite acercarse moito xa á victoria final na "Copa TX de Enduro 2001". Ramón que últimamente está a desenrolar un método de entrenamento (xunto con outros membros do Equipo TX-MOTOR Competición) continuo combinando ximnasio con técnica e moto e que en grande parte e un dos pilares dos seus fantásticos resultados.

Na segunda posición volveuse a colocar de novo Anxel Barreiro (KTM) e que o colocan deste xeito tamén moi perto do subcampionato final na "Copa TX de Enduro 2001".

A terceira posición en Junior foi para o tamén local Ajos Santiaguiño (TM).

 

<< páxina principal
<< máis novas

Copyright © 2001 TX-MOTOR, S.L.
Deseño:

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



belt buckles studded belt large selection. HONDA RACING MESH MOTORCYCLE. Searching for carlisle atv tires Check out. Want marin mountain bikes Visit marinmountainbikes.com.