Roberto Cierto, primeiro na 4ª proba da Copa TX de Enduro celebrada en Ribeira.

23-06-2001. L.M.I.
Roberto Cierto conseguíu a victoria na categoría Senior, Antonio Bouzas e Serafín Susavila 2º e 3º e Ramón Teodoro obtivo a victoria en Junior.

O Domingo 24 de xuño de 2001 celebrouse en Ribeira (A Coruña), a 4ª proba puntuable para a Copa TX de Enduro 2001.

Unha carreira que impecablemente organizada polos nosos amigos ribeirenses fixo as delicias dos pilotos participantes que disfrutaron do lindo tanto no rallye como nas tres pasadas pola crono que despois das discusións iniciais entre pilotos sería o número de pasadas a sortear definitivamente polos pilotos.

En Senior.

Nesta concurrida e reñida categoría, a victoria foi para Roberto Cierto (YAMAHA) de Noia que cunhas cronos moi boas e regulares puido alzarse coa victoria que lle permite mellorar a súa posición na táboa xeral do Campionato.

Antonio Bouzas (TM), volveu a demostrar a súa categoría alzandose co segundo peldaño do podium nunha dificil proba como ista de Ribeira, posto que o catapulta directamente á primeira posición da Clasificación Xeral da Copa TX de Enduro 2001

Tamén Serafín Susavila (TM) volveu a recuperar a enerxía que acostuma a emanar e volvemo-lo a ver en Ribeira na súa salsa. E como si revivira o Serafín ao que estabamos acostumados.

O mellor tempo Scrach nesta proba de Ribeira foi para Alexandro Magariños (TM) que de non ser pola caida na primeira crono marcaría sen dúbida Magariños os mellores tempos.

En Junior.

Ramón Teodoro (TM) o piloto padronés volveu a dar de si en Ribeira alzandose coa victoria en Junior por diante dun regular Anxel Barreiro (KTM), que está sorprendendo a todos nesta incursión no mundo do enduro.

 

 

 

<< páxina principal
<< máis novas

Copyright © 2001 TX-MOTOR, S.L.
Deseño:

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Camouflage T-Shirts - Woodland Camo Shirt Size XL . dress up who . Puzzle

.