Podium para o Equipo TX-MOTOR Competición no enduro de Salceda de Caselas.

04-06-2001. L.M.I.
Alexandro Magariños (TM), subiu ao segundo peldaño do podium na 3ª proba puntuable para o Campionato Galego de Enduro 2001, celebrada en Salceda de Caselas (ver clasificación).

Salceda de Caselas, acolleu a 3ª proba do Campionato Galego de Enduro 2001.

Un enduro que fixo as delicias dos pilotos que conseguiron apreciar un percorrido certamente bonito e ao mesmo tempo duro e técnico.

Ríos, sendeiros, trialeiras e pistas se sucedían nun rallie certamente cargado de emoción e goze en contacto coa natureza.

A crono zecais un pouco ratonera presentouse moi propicia para pilotos técnicos e acostumados a terreos de terra e fieitos.

Alexandro Magariños.

Magariños obtivo finalmente nesta proba un segundo posto en Senior-B, por detras de E. Cividanes de Vigo, e que lle permiten seguir a loitar polo título autonómico a falta dunha proba. A de A Coruña.

Alexandro que rematou a tan só 1 segundo de Cividanes disfrutou cun enduro dos de verdade.

En Junior.

Martín Castiñeiras que na segunda pasada por crono fixo o segundo mellor tempo Junior por detrás do Pontevedrés Fernández, tivo que conformarse finalmente cun 6º posto debido ao mal tempo da primeira pasada onde non se atopaba ao 100% do seu rendemento.

Enrique Castaño de Noia, tamén fixo unha boa carreira e non defraudou aos que ven que cada día a sua pilotaxe mellora.

O que pior sorte tivo, zecais foi Xosé A. Quintás que acostumado a estar entre os 5 primeiros en tódalas carreiras, tivo que conformarse nesta proba un posto moito máis atrás debido á penalización que sufriu antes da primeira pasada pola crono.

 

 

 

<< páxina principal
<< máis novas

Copyright © 2001 TX-MOTOR, S.L.
Deseño:

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



.