Kiko Fernández sigue imparable impoñendose de novo na segunda proba da "Copa TX de Enduro 2001".
13-05-2001. L.M.I.
Kiko Fernández (TM), volveu a demostrar o seu talento na segunda proba da "Copa TX de Enduro 2001". Impoñendose con autoridade en tódalas pasadas por crono. Tamén Ramón Teodoro (TM) deu de sí, gañando con contundencia en Junior.
Con 22 pilotos inscritos, esta segunda proba da "Copa TX de Enduro 2001" foi un rotundo éxito.
Os participantes, disfrutaron du percorrido medianamente duro e que trascurría por paraxes, certamente bonitos i emocionantes.
A crono, marcada no lugar de Grobas-Pontecesures, foi un pouco máis larga que a anterior, un pouco para habituar aos pilotos a cronos de máis resistencia, como as que ultimamente se están a marcar no Campionato Galego.
O nivel, volveu de novo a ser moi alto, estando os tempos moi igualados nas dúas categorías.
En Senior.
Na categoría Senior Kiko Fernandez (TM), volveu a asoballar, marcando o mellor tempo en tódalas pasadas por crono. Así como o mellor tempo Scrach cun espectacular (1:48:00).
Dende logo a victoria de Kiko na primeira proba non foi unha casualiade e deixouno claro desta vez.
Por detrás de Kiko quedou un motivado Antonio Bouzas (TM) que quería sacar a espiña dos medicres resultados no Enduro de Carballo (4º en Senior-B), seguido de Xosé L. Seoane (KTM) de Santiago que subiu ao terceiro peldaño do podiúm.
Cuarto foi de novo un Roberto Cierto (YAMAHA) moi regular e que se coloca na terceira posición da clasificación xeral por detrás de Kiko Fernández e Antonio Bouzas.
En Junior.
En Junior Ramón Teodoro (TM) non deu opción aos seus rivais, impoñendose na carreira cuns tempos de Senior e que o levarían á 6ª posición final si correra nesta categoría.
Ramón necesitaba os puntos despois do pinchazo na anterior proba.
En segundo lugar clasificouse un Xavier Gónzalez (KTM) que desta forma se coloca lider da clasificación por diante de Teodoro e Anxel Barreiro.
Na terceira posición da categoría Junior colocouse un Jerónimo Almestre (TM) reaparecido e moi motivado.