Kiko Fernández sorprende a todos obtendo a victoria na 1ª proba da "Copa TX de Enduro 2001".
(30-04-2001). L.M.I.
O pasado 21 de abril, comenzou en Pontecesures a "Copa TX de Enduro 2001". Un rapidísimo Kiko Fernández (TM) sorprendeu a todos obtendo a victoria na máxima categoría Senior. En Junior, a victoria foi para Xavier González (KTM).
Con máis de 20 pilotos inscritos, esta primeira proba da "Copa TX de Enduro 2001" foi un rotundo éxito.
Os participantes, disfrutaron du percorrido medianamente duro e que trascurría por paraxes, certamente bonitos i emocionantes.
De todas formas, finalmente, houbo que anular un cortalumes indicado en principio só para os pilotos Senior e que se fixo, xa despois da primeira volta moi dificil de sortear.
En Senior.
Na categoría Senior (onde se atopaban inscritos a meirande parte dos pilotos), un xovencísimo e talentoso Kiko Fernandez (TM), demostrou con firmeza o seu talento para ir rápido, así como o seu esperanzador futuro do mundo do enduro.
Kiko, que superou a pilotos da talla de Alexandro Magariños (TM, segundo clasificado en Senior), Antonio Bouzas (TM, terceiro clasificado en Senior), chegou a marcar tamén o mellor tempo Scrach da proba cun espectacular 1:11:43.
Sen dúbida Kiko Fernandez, será un firme candidato a loitar pola "Copa TX de Enduro 2001". Un piloto ao que deberemos observar con atención a partir de agora.
A cuarta posición, na categoría senior foi para un mellorado Roberto Cierto (YAMAHA) que conseguíu quedar por diante do Campión e Subcampión Galego de Enduro Senior-B deste ano. Xosé A. Magariños (TM) e Serafín Susavila (TM)
En Junior.
En Junior o sabor da victoria foi para Xavier Gónzalez (KTM) seguido do piloto de Cambados Anxel Barreiro (KTM) e do noso queridísimo Ramón Teodoro (TM) que tivo problemas co pinchazo da roda traseira, pero que gracias á estimada axuda de Ramón Fernandez, puido rematar a proba. Ramón Fernández (TM), quedou finalmente na cuarta posición da categoría Junior.