Xosé A. Quintás e Alexandro Magariños. 5º e 7º no enduro de Ponteareas. Primeira proba do C.G. de Enduro 2001.
(24-03-2001). L.M.I.
O Campionato Galego de Enduro escomenzou o pasado d�a 11 de marzo en Ponteareas. Xos� A. Quint�s obtivo unha meritoria 5� praza en Junior, e Alexandro Magariños foi séptimo en Senior.
Ponteareas (Pontevedra) foi a localidade que deu saída ao Campionato Galego de Enduro 2001. O Moto Clube Papaya, foi o organizador dunha proba extremadamente dura. Ideal para pilotos máis profesionais que os que pretenden escomenzar no xa de por si duro mundo do Enduro.
Neste contexto onde grande parte dos pilotos tiveron que abandonar exhaustos ante a dureza. Os membros do Equipo TX-MOTOR Competición agotaron as suas reservas ata o último momento sin rendirse pola dureza máis propia dun Mundial de Enduro que dun campionato Galego.
En Senior: Alexandro Magariños (TM-125), despois de tres pasadas pola crono e dúas polo tramo cronometradoou rematou finalmente na 7ª posición final da categoría.
Na categoría Junior: Xosé A. Quintás (TM-250), que rematou nun meritorio 5º lugar, volveu a demostrar a súa regularidade ante as dificultades nunha proba de enduro onde máis de 15 pilotos junior ou abandonaron ou penalizaron. Tamén Martín Castiñeiras (TM-125), e a pesares da súa inexperiencia (era a primeira proba federada na que participaba), rematou a carreira con nada menos que unha roda pinchada e despois de perder case media hora por un despiste de orientación no monte. Sen dúbida Martín é un dos pilotos máis prometedores do Enduro Galego.
Tamén Juán Seoane o de Santiago (TM-250) rematou a proba resistindo a dureza das increibles trialeiras e cortalumes que nun piloto que escomenza (como é tamén o seu caso) se fan insoportables.
Ramón Fernandez (TM-125), foi sen dubida un dos artífices dos resultados do equipo, xa que conseguíu o día da verificación arranxar os problemas burocráticos que unha F.G.M. (Federación Galega de Motociclismo) prepotente e repentinamente preocupada pola legalidade circulatoria dos pilotos, impuxo aos menbros do Equipo e "demais" participantes. Ramón tivo que abandonar despois de pasar pola crono 1 por un golpe recibido no percorrido. Que xunto co cansancio acumulado fixo-lle imposible continuar.
Tamén Enrique Castaño de Noia conseguíu uns aceptables tempos na proba, e cumpliu con tesón e atrevimento neste Enduro de Mundial.
Manuel Gómez (TM-125), único reprensentante do equipo na categoría Senior-B (Antonio Bouzas e Xosé Carlos Acosta, negáronse a correr como protesta ante a prepotencia e sectarismo da F.G.M.) cumpliu tamén as expectativas levando a cabo unhas pasadas pola crono ao límite das suas posibilidades dando de si o máximo.