Carlos Acosta e Xosé A. Quintás dominan na proba de Resistencia Enduro celebrada en Padrón. (15-outubro-2000)
A victoria na categoría Junior do equipo Carlos Acosta-Xosé A. Quintás xunto coa exhibición de Xosé A. Ramos en Senior permiten seguir loitanto polos títulos autonómicos ó Equipo TX-MOTOR Competición.
A
Falta dunha proba para a finalización do Campionato Galego de Resistencia
enduro. O Pasado domingo día 15 de outubro celebrouse unha proba puntuable
para devandito campionato en Padrón e organizada polo Equipo TX-MOTOR
Competición coa colaboración do M.C. A Peroxa.
En SENIOR,
o tandem Alexandro Magariños-Xosé Antonio Ramos partía como favorito para
a victoria despois do segundo posto que acadaran na anterior proba celebrada
en A Peroxa. Pero unha imprevista caida no último momento de Magariños
trastocou as expectativas dunha victoria que se atopaba moi perto. De
todas formas cabe destacar aquí a increíble precisión e beleza na pilotaxe
de Xose A. Ramos
que fixo as delicias do público congregado na localidade de Padrón. Nesta
categoría tamén cabe destacar o 5º posto obtido por Serafín Susavila-Manuel
Gómez que aguantaron ata o último momento a un ritmo realmente forte.
Na categoría JUNIOR, Xosé A. Quintás-Carlos Acosta deron de sí e venceron con contundencia superando incluso a equipos da categoría Senior. Os dous pilotos do Equipo TX-MOTOR Competición permitironlle ó E. TX-MOTOR Competición cumprir o seu obxetivo nesta 2ª proba puntuable para o Campionato Galego de Resistencia Enduro.