Dominio de Xosé A. Magariños e Serafín Susavila no enduro de Poio. (25-xuño-2000)
A victoria de Xosé A. Magariños e o segundo posto de Serafín Susavila en Senior-B, confirman o dominio do Equipo TX-MOTOR Competición. Despois da primeira proba en Carballo, e a segunda e terceira en Pontecesures, hoxe, domingo 25 de xuño celebrouse a cuarta proba puntuable para o Campionato Galego de Enduro-2000. Un enduro que cun trazado onde a pedra e os ascendentes cortalumes foron os obstáculos máis importantes que tiveron que sortear os pilotos das distintas categorías. Un enduro que non obstante foi do agrado de case tódolos participantes.
En SENIOR,
Alexandro Magariños do E. TX-MOTOR Competición non puido finalmente tomar
a saída por contratempos persoais.
A victoria nesta categoría foi para o mundialista Xacob Agra.
Na categoría JUNIOR, Xosé A. Quintás e Manuel Gómez foron os únicos representantes do E. TX-MOTOR C. que finalmente participaron na proba. Obtendo a 5ª e 8ª posición final respectivamente. Cabe sinalar aquí, o cambio de cilindrada de Manuel Gómez que participou nesta proba cunha TM-250 (antes dispoñia dunha 125cc.). A victoria nesta categoría foi para Marcos Rodríguez Estévez de Vigo.
En SENIOR-B, unha vez máis o E. TX-MOTOR C. volveu a dominar a categoría. A arrolladora victoria de Xosé A. Magariños que pasa agora á primeira posición na clasificación xeral do campionato. Seguido de perto por Serafín Susavila na segunda praza da proba (colocándose éste último na segunda praza da clasificación xeral), levannos a pensar que o Campionato e Subcampionato Galego de Enduro-2000 vai a vir para a nosa comarca da man destes dous explendidos pilotos.
Na última proba de A Coruña veremos cal é o que se alza finalmente co título autonómico. Tamén Xoan M. Camiño participou na proba rematando finalmente na 8ª posición a pesar das aparatosas caidas que sufriu durante o percorrido da proba.