Copyright © 2000 TX-MOTOR, S.L.

Serafín Susavila é o novo lider, despois de impoñerse na segunda xornada do Enduro de Pontecesures. (15-Maio-2000)

Serafín Susavila (dorsal 54), do E. TX-MOTOR Competición, impúxose maxistralmente na segunda xornada dos Dous Días de Enduro de Pontecesures. Unha victoria que lle permite colocarse de lider en Senior-B, por diante do seu compañeiro de equipo Xosé A. Magariños (dorsal 53) que pasa agora á segunda posición. Xosé A. Quintas (dorsal 25) tamén conseguiu podium para o Equipo TX-MOTOR Competición, obtendo a 3ª posición en Junior.

En SENIOR, Alexandro Magariños (dorsal 8), repetiu o resultado do sábado, quedando despois de pasar cinco veces pola especial nunha meritoria 6ª posición tendo en conta o nivel dos seus rivais. Nesta categoría a victoria foi para Xoan C. Fernández Puga de Carballo.

En JUNIOR, Xosé A. Quintas Martinez (dorsal 25) rematou a xornada nunha explendida terceira posición que lle permite ser o primeiro piloto do equipo que consegue subir ó podium esta temporada. Un podium que incrementa o seu valor despois de ver como un porcentaxe altísimo de participantes se retiraron durante a proba ante a dureza do percorrido. O outro representante do Equipo nesta segunda xornada do enduro; Xavier Quintas (dorsal 31), remataría finalmente na 10ª posición. A victoria nesta categoría sería para Alberto Tombo González de Vigo. Xosé A. Magariños atravesando o río Valga.

En SENIOR-B, Serafín Susavila (dorsal 54) deu un auténtico recital de pilotaxe coa súa TM-125. Despois do segundo posto do sábado, Susavila sacou a relucir a súa experiencia e capacidade para ir rápido ante condicións adversas (hai que ter en conta, que fixo todo o enduro coa roda de adiante pinchada), impoñendose con contundencia ante os seus rivais. Os outros dous representantes do Equipo; Xosé A. Magariños e Xoan Camiño, remaratían na 4ª e 6ª posición respectivamente. Serafín Susavila, colócase despois desta proba como lider en Senior-B, seguido de cerca a soio 2 puntos por Xosé A. Magariños.

 

<< atrás

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

Deseño:

 

LG LDC22720SW 22.4 cu. ft. bottom mount refrigerator

.